jueves, 4 de diciembre de 2014

HISTORIAS E DEBUXOS MONSTRUOSOS

Resultou moi difícil tomar unha decisión para escoller os debuxos e historias que pasarían a formar parte do libro, xa que todos eran merecedores pero, a fin, aquí están. O equipo de Biblioteca, ENDL e extraescolares agradécevos a vosa participación e espera seguir contando cos vosos traballos e co voso entusiamo en vindeiras actividades. Grazas a todos e todas por participar.

CAMPAÑA ELECTORAL

Desta volta, son os alumnos e alumnas de 6ºA, os que nos deixan os seus argumentos a favor do si e do non. A falta dun día para a decisión final a campaña electoral chega ao seu fin.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

CAMPAÑA ELECTORAL NO CEIP O COTO

Dende a biblioteca seguimos con moito interese a campaña electoral. Carteis a favor e en contra , en varios idiomas, colgan dos taboleiros do noso centro. Aquí deixamos un taboleiro con algúns deles. O resultado despois das votacións o venres 5. Sigue el tablero ELECCIÓNS NO CEIP O COTO de Teresa en Pinterest.

ELECCIÓNS NO CEIP O COTO. Estás de acordo con que un día a semana non se permitan os xogos con balón no recreo?

Esta será a pregunta a que teredes que dar resposta o vindeiro 5 de decembro, día no que celebraremos o día da Constitución. As urnas estarán instaladas no centro o vindeiro día 5, para que expresedes a vosa opinión sobre este tema. Seguiremos atentos a campaña edaremos conta dos distintos carteis que xa rolan polo centro. E como non, farémonos eco dos resultados das eleccións.Non esquezas comprobar que estas inscrito no censo electoral para poder botar.

viernes, 21 de noviembre de 2014

DIVERTÍMONOS NO TEATRO

O pasado xoves 20 de novembro asistimos, como estaba previsto, a unha función teatral no auditorio. A pesares da chuvia, que casi non nos deixa chegar, aprendemos que a igualdade é cousa de todos e todas e que somos nós os que temos que contribuir a facela realidade.


lunes, 17 de noviembre de 2014

O PAÍS DOS MANDÓNS

O vindeiro 20 de novembro o alumnado de 5º de EI a 3º de primaria asistirá ao auditorio a ver a obra de teatro " O pais dos mandons"representada pola compañía GHAZAFELHOS. Para que vaiades facendo boca deixamos aqui o conto. Esperamos que disfrutedes do libro e da súa representación.

TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE DA FUNDACIÓN MAPFRE

O pasado venres disfrutamos na biblioteca de un taller de alimentación saudable e movemento. Este taller está dentro do programa Ciencia na escola e está financiado pola fundación MAPFRE. Lembra que na biblioteca tes moitos libros interesantes sobre alimentación que podes consultar.

jueves, 30 de octubre de 2014

miércoles, 29 de octubre de 2014

VÍDEO DE SAMAÍN

Aquí deixo este divertido vídeo do artísta compostelán Paco Nogueiras incluído no seu seu último traballo Brinca vai!  da editorial Kalandraka. Espero que o disfrutedes.

martes, 28 de octubre de 2014

CHEGOU O SAMAÍN

Un ano máis, xa está aquí o Samaín, cargado de medos, arañas, cabazas , esqueletes ...... e toda clase de criaturas monstruosas. Benvido sexa e grazas, a todos e todas, por participar nas actividades propostas.

viernes, 17 de octubre de 2014

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

O vindeiro venres celebramos o Día da Biblioteca. Para data tan sinalada, e como aperitivo do proxecto deste curso, preparamos uns marcapáxinas sobre inventos e inventores para que fagades na aula. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes dun proxecto tan apasionante como son os inventos e os seus creadores.